A Noite Incrible

Case eran as once da noite e caemos na conta de que estabamos famentos, así que decidimos ir a unha taberna que me encantaba e da cal el tamén era habitual (como é que nunca nos miraramos antes por alí?). Tomamos unha de xamón da Cañiza, outra de pementos de Guláns, unha de chourizos de Lalín e, de sobremesa, un requeixo con mel, todo caseiro, de Corredoira, reservado unicamente para clientes “de confianza”. Todo acompañado dun contundente pan de millo. De beber, unhas cuncas de viño de Barrantes. Delicioso.

Cando saímos, pasamos por diante dun bar onde había dardos…Que medo! Por suposto, el non puido conter o seu instinto provocador: entrou e inseriu unha moeda para empezar unha partida. Eu estaba realmente asustada: temía acabar matando alguén, arrancar un par de ollos, deixar unha futura parella sen descendencia… calquera cousa podería pasar se eu empezaba a lanzar dardos como se non custara. Curiosamente, o medo ao ridículo que debería ter sentido no chegou, porque semellaba inimaxinable calquera tipo de boubería entre un tío tan aposto e eu, así que non temín quedar mal… á fin, non perdía nada!

– Ti non sabes o que estás a facer!– advertín.

– Veña, una moza con unha cariña tan doce no pode ser tan perigosa como dis…

Quedei sen resposta. Eu. Iria-a-que-non-cala-nin-debaixo-da-auga quedei sen resposta. Non é que non soubera que dicir… aínda estaba abraiada, tras escoitarlle a ese tío tan ben parecido dicir iso! Dinme conta de que o prexulgara: eu esperaba que fora o clásico rapaz encantado de coñecerse, só porque estaba moi ben… e aínda non descartaba que o fora. Pero polo menos sabía disimulalo moi ben… Ou quizais non o fora. E eu me limitara a xulgar o libro polas tapas.

Xa pasara unha eternidade e eu seguía calada, alucinando con aquelas palabras “cariña tan doce”… Ai, desta estaba a perder o control de verdade!

Non sei como logrei coller os dardos e ir lanzándoos un detrás do outro, de xeito que todos quedaran cravados no taboleiro e non nas persoas que nos rodeaban. Non fixen diana (nin o esperaba!), pero para min, que entraran todos os que lancei durante a partida, era un logro bestial.

– Que boa música están pinchando, non si? – dixen, para ver se o distraía un pouco, mentres el lanzaba… aínda que realmente era moi bo e dificilmente eu podía influír no máis mínimo sobre a súa puntería.

– Si! Encántanme os Metallica!

– Que dis! Pensaba que xa ninguén apreciaba o trash metal.

– Iso nunca morrerá! Son grandes! – mentres o dicía lanzaba un dardo que ía parar directamente ó centro do taboleiro.

El gañou modestamente a partida (claramente fallou algunhas adrede, con moito disimulo, para non machucarme) e seguimos a nosa ruta polos bares desa rúa, charlando animados, rindo, rodeou os meus ombros co seu brazo nun momento de broma, como se fora contarme un segredo… e desexei que me bicara. Nese preciso momento caín na conta de que estaba perdida, pero polo menos, que me quitaran o bailado; esa noite ía valer la pena, agora empezaba a quedar ben claro… e eu ía deixarme levar ata onde fora…

Deixarme levar… ese fora o meu adaxio durante os últimos meses e debía ser tamén o lema desa noite.

Pasamos por diante dun local que tiña na porta fotos dos seus cócteles e paramos a atusmar.

– Mira! Teñen chopos con caramelos PEZ!

– Veña, entramos e pedimos un par – contestou.

– Que dis? Entre as cuncas de antes, o viño da cea e agora os chopos, mañá non haberá quen poida coa resaca! Lémbroche que hoxe aínda é xoves…

– Que va! Nin te decatarás, vas ver! – estaba detrás de min… abaixouse un pouco para falarme ao oído… baixou o volume da súa voz so un pouquiño – E, se non, chámasme, que teño un remedio infalible contra a resaca.

Xireime para miralo á cara: entre pechou os ollos, sorriu e regaloume o aceno máis pillabán que mirara na miña vida. Que tío! Sabíaas todas!

– Anda, quita… tes un perigo! – calquera lle dicía que non a ese aceno!

Entramos e empezamos a falar co camareiro. De fondo, estaba terminando You Give Love A Bad Name, de Bon Jovi… hmmm… parecía que baixaba un pouco a calidade da música, a ver se non baixaba tamén a dos acontecementos da noite.

Entre as risas da charla que tiñamos con Fran, que así se chamaba o camareiro, espeteille convencida:

– Queremos dous tragos de PEZ, por favor!

– Ben… o de PEZ está moi ben… eu, se queredes, sírvovos ese… pero o que eu vos recomendo hoxe é o Sweet Heart. Se vos fiades de min, prepárovos ese mellor.

– Penso que si – miro a Pedro – cres que debemos fiarnos da recomendación da casa?

– Son dos que pensan que é bo fiarse das recomendacións da casa – os seus ollos brillantes cravados nos meus non deixaban de sorrir nin por un segundo.

“OK. Dous Sweet Heart, marchando!”

Curiosamente, comenzamos a escoitar Sweet Child Of Mine de Guns N’ Roses e eu empecei a alucinar! Parecía escollida para ese momento: o nome do trago, os ollos de neno pillabán de Pedro… Sen dúbida, esa canción estaba sonando para nós. En exclusiva…

”Ten un sorriso que parece querer traerme recordos da infancia, onde todo era tan fresco como o ceo azul brillante. Agora e entón, cando vexo a súa cara, lévame a aquel lugar especial onde se permanezo bastante tempo, podería virme abaixo e gritar: oh, doce neno meu… oh, doce amor meu”.

Pensei no espertar que tivera esa mañá, lembrando tempos pasados, que sempre semellan mellores, e mirei esa cara de neno que me miraba e sorría, que so me fixo pensar que nada podía ser mellor que estar alí nese mesmo instante. So quería rir e perderme neses ollos. Nese sorriso.

E pasou: Vivín outro deses momentos de absoluta felicidade que non se esquecen nunca. Porque cheiraba a primavera, a temperatura era perfecta, a compañía, a música, todas as cousas boas estaban por chegar, unha vez máis, e non lembraba que existise absolutamente nada que puidera estar mal na miña vida… se o había, quedara atrás, moi lonxe… a anos luz de min… e de Pedro, que agora mesmo me miraba expectante… ou estaba un pouco embobado?

”Iria” pensei para os meus adentros “Ti víchelo ben? Carpe diem! Déixate levar…”

A cor do trago era súper atractivo: amarelo limón mesturado cos pequenos fíos vermellos da Granadina que levaba na parte superior… Brindamos coa mirada ben chantada na do outro, non fora ser que trouxera mala sorte… ou os sete anos sen sexo que marca a superstición dalgún país do mundo. Bebemos… Mmmm! O sabor, tremendamente delicioso… moi doce cun punto acedo moi alegre… e no fondo do vasiño había un caramelo de goma en forma de corazón! Un dos meus favoritos, con sabor a fresa e pexego!

Xa case estaba na miña boca, cando Pedro me parou de socato entre risas:

– Hala, pero que fas! Isto non vai así… – pareceume notar que empezaba a poñerse serio.

– Ah, non? E como vai? – Non podía crer que fora a facerme a do ladrón! Desde a escola non miraba nada así… e eu, desde logo, nunca fora vítima dese xogo.

De fondo, a canción seguía: ”Ten ollos da cor dos ceos máis azuis , como se pensasen na choiva…

Nese momento, el aproveitou para coller o corazón, colocouno entre os meus beizos, con descaro… fun fiel ao meu lema da noite e deixeime levar… sen dubidalo nin por un instante, roubouma coa súa boca…

Mentres el me arrancaba o corazón de caramelo, pensei que se levaría tamén o meu de verdade, porque me subira ata a garganta, volvera baixar ata os pes… e ameazaba con saír disparado polos ollos! Non podía crer o que me estaba pasando! Bicaba como nin podía imaxinar… sabía a caramelo, os seus beizos eran suaves, delicados pero firmes, sabía lo que facía… e os seus brazos me rodearon cunha dozura que me fixo perder o equilibrio e penso que tamén o pulso… Realmente, Sweet Child Of Mine era nosa… Era miña. Durante uns segundos sentín algo tan intenso que crin que ía perder o coñecemento… e xusto despois pensei que choraría de felicidade. Parecía como se a cousa fora moito máis alá da mera atracción física.

As últimas frases da canción sacáronnos do embruxo: “Onde imos? Onde imos agora?…”

E marchamos dese bar collidos da man para chegar a outro e, despois, a outro máis… E así a noite pasou voando entre música, bicos e risas…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s