O Encontro

Vermello non era exactamente a cor das miñas meixelas… máis ben achegábase a algo fluorescente, o mellor en últimas tendencias por aqueles días… El tomouse o tema con todo o sentido do humor que cabe imaxinar: riu e riu sen parar (por sorte para min!). Eu pedín perdón mil veces… apenas me atrevía a miralo á cara.

O caso é que, cando por fin fun quen de facelo… caramba, era moito máis que guapo! Era impresionante: dentes perfectos, sorriso agradable, nariz en equilibrio entre aqueles dous ollos profundos e anenados… E eu acababa de derramar unha cunca de viño nos seus pantalóns. Moi no meu estilo.

– Que puntería! Probaches a xogar uns dardos? – sorría mentres se limpaba. Pedíralle un pano ao camareiro e trataba de secarse mentres falabamos.

– Paso, seguro que llos chanto a alguén nun ollo… ou peor! – dixen, mirando a zona golpeada, cun aceno entre o susto e o chiste. El riu con ganas… e a min pareceume irresistible.

– En parte, foi pola miña culpa, por estar no medio – non podía crelo: podía ser máis encantador? Foi aí cando empecei a notar que estaba “ladeando a cabeza” (esta expresión entre as Zetas significa empezar a perder o sentido por alguén: Tae di que, se ladeas a cabeza, é que estás caendo nas redes do tío que tes diante), así que tratei de evitalo con todas as miñas forzas… pero non era nada doado!

– Para nada! Por favor, deixa que che invite a algo… Teño que compensarte por isto! – Exclamei, sinalando o desastre.

– Diso nada, invitareiche eu a ti a outra cunca, que a que tiñas ti bebérona os meus pantalóns! – Alarma no meu interior: Perda do control total sobre o meu “ladeo de cabeza”! Sentín medo ante a sospeita de que podía ser que acabara de namorarme.

– Non, por favor, que vergonza, non podería… – nese preciso momento, una cunca apareceu na miña man e outra na súa, que se achegaba para brindar “por nós”.

– Por certo, chámome Pedro.

– Encantada, Pedro. Eu son Iria. – Dous bicos… Ei! A metida de pata empezaba a pagar a pena!

Falamos sen parar… tiñamos moitas afeccións en común e no traballo usabamos os mesmos programas frikis, así que foi divertido comentar algunhas parvadas que ninguén soe entender cando as conto… as rapazas, a medida que ían marchando, facíanme xestos pícaros ou me borboriñaban cousas na orella, do estilo de: “non o deixes escapar, que destes non se atopan todos os días!” “Déixate levar, Iria! Be happy!”. As miñas Zetas… todo amor de amigas!

Os seus amigos se despedíronse del dunha atacada. Marcharon todos xuntos á Rúa Alta, outra zona de bares. Cando me falaba, mirábame directamente aos ollos cun aire infantil e maduro ao mesmo tempo… curiosamente, non me sentía inqueda… transmitíame moita paz…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s