Primavera de 2012

Na radio, o sinal que marcaba a entrada dunha nova hora sacoume de súpeto dos meus pensamentos de paz… para caer na conta de que, se non andaba rápida, ía chegar tarde! Ao saír de todas esas acordanzas, dinme conta de que agora ía poder vivir aquelas cousas outra vez, pero con absoluta liberdade e con algunhas moedas nos petos, para gozar ao máximo. Esperábame un verán inesquecible, seguro. Esa canción só podía ser un sinal.

Saltei da cama cunha ledicia estrañamente superior á habitual: era xoves, día de cuncas coas rapazas e ademais iamos ensaiar por vez primeira o repertorio completo do grupo con todos xuntos (cantaba nun grupo no que era complicado reunir a todos os compoñentes, así que faciamos ensaios online e moito traballo individual en cadansúa casa). Todo apuntaba a que ía ser un día para lembrar, salvo pola dor de gorxa que me perseguía desde o martes. O sol raiaba, pero sería mellor evitalo para non empeorar as cousas: o concerto estaba a piques de chegar, así que evitei pisar a praia porque, de estar ben, con ese día tan marabilloso, tería pasado para facer un percorrido longo a bo ritmo, previo a un mergullo rápido.

O día pasou calmo, entre repasar as letras e preparar novas reunións con empresas clientes. O traballo como deseñadora non era o que eu soñara, pero polo menos permitíame sobrevivir e mantíñame felizmente ocupada. Cando deron as sete da tarde, saín voando ao ensaio. Tiña máis gana que nunca! Os temas soaron xenial. Non parecía que fora a primeira vez que os tocabamos todos xuntos… notábase que os levabamos ben traballados.

Cando saín do ensaio, as miñas Zetas, agardaban no Recuncho, o noso local dos xoves. “As Zetas” somos nós, as cinco gansas, que podemos organizar despropósitos de calquera tipo. Chamámonos así desde o día que organizamos un concurso de receitas con Peta-Zetas e descubrimos que somos iguais có invento: algo picantes, bulideiras, desacougantes e divertidas… cun puntiño de acedo, pero sobre todo moi doces.

Hoxe eramos cinco. Xenial! Algúns días quedabamos só dúas e era divertido, pero non era o mesmo… Aínda había luz e ía calor na rúa, así que estivemos a gusto na terraza. As cuncas sabían a gloria, acompañadas por esa airexa morna con recendo a mar. Uxía estaba totalmente pándega e Tae non paraba de darlle pé ao chiste. A min doíame a tripa de tanto rir… e niso estaba, xirei coa cunca na man mentres trataba de parar de rir por un intre e, sen querer, dinlle un golpe a un perfecto descoñecido en toda a entreperna e, grazas ao golpe, derramei o viño que me quedaba… por riba dos seus pantalóns. É un “éxito de vendas” de como facer amigos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s