Verán de 1992

Parecíame imposible que Marco seguira tendo ollos para min, pero dous meses máis tarde, xusto unha semana antes do día do Apóstolo, Marco me regalaba o meu primeiro bico nunha noite estrelada de verán, temperatura perfecta, nun romántico parque cun pequeno muro de pedra cuberta de liques e baixo dunha árbore que debuxaba a súa silueta sobre a claridade do ceo iluminado por unha lúa tímida, que xa mudaba cara lúa nova. Era o 18 de xullo de 1992.

Só unha semana máis tarde, era 25 de xullo. Habitualmente, é un día especial por ser o día do Apóstolo, pero ese ano ademais era a data elixida para celebrar a inauguración dos Xogos Olímpicos en Barcelona. Levabamos tantos meses a mirar pola tele que ía ser excepcional, que eu estaba moi ilusionada coa idea de velo esa noite, mentres cenabamos todos xuntos: amigos, familia… arredor dunha mesa chea de tortillas, pementos, empanadas, chourizos e todas esas cousas que deixaban claro que estabamos de festa.

Esa tarde, como case todas as do verán, baixaramos ao río nas nosas bicis despois de comer. Lanzamos uns tiros ao baloncesto, bañámonos no río, xogamos unhas cartas, demos unhas voltas nas piraguas e nos tombamos un rato nas toallas a descansar, á sombra das árbores. Habitualmente, lía un ratiño o libro que levaba na mochila, pero ese día estaba tan cansa que so me apetecía estar recostada, sentindo a brisa pasar e mirando as follas bailar rapidamente, enganchadas ás ramas da árbore que me daba sombra. Aquel movemento, gracioso e relaxante ao mesmo tempo, deu paso a un sentimento de paz como nunca antes notara… sentíame moi ben. E deixei o pensamento voar libre. Empecei a pensar no que tiña nese momento e no que estaba por vir. Ningún deses pensamentos tinguía esa paz. Parecía que estaba a vivir un tempo absolutamente perfecto. Sorrín e pensei que seguramente moi poucas veces na vida volvería a pasarme algo parecido.

De feito, agora mesmo xa pasaran máis de vinte anos desde aquel día e non lembraba ter sentido outra vez unha paz tan absoluta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s